Infórmate > Noticias 

Noticias 

Feira de Economía Social, Solidaria e Sustentable
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/09/2021

O 11 de setembro convidámoste a unha xornada de innovación, ecoloxía e diversión

1 de 1

O sábado, 11 de setembro, tes un convite na Coruña para coñecer proxectos de economía sustentable, mercar produtos, bailar, aprender e disfrutar. Cooperativas, ecoloxía, proxectos innovadores, produtos naturais e un chisco de troula!
Entrada libre e gratuita seguindo os protocolos de seguridade COVID.
 
 
PROGRAMA
 
  • 11:00 Apertura da exposición
  • 12:00 Presentación de autoridades
  • 12:30 Obradoiro de Danzas Urbanas para todos os públicos a cargo de Alba Fernández, de Laboratorio Escénico
  • 13:30 Sesión Vermú foliada con Foliadeiros de Santa Margarida.
  • 15:00 Sesión DJ Inclusivo da Asociación Cultural Negus, con DJ Montxo Lautrec
  • 17:00 Presentación de entidades
  • 19:00 Sesión DJ Inclusivo
  • 21:00 Sesión clausura - Foliada
 
Estarán connosco mostrando e vendendo os seus produtos: A Parva, 7h Coop, Barbudos, Factoría do Lume, Inari Estudio, Os Biosbardos, Flor da Vida, Millo e Landras, AHortas, A Estruga, Mulleres Colleiteiras, Ribeiregas, Laboratorio Escénico, Amoenda, Coop 57, Yarama África, Insertega, A Raíña, Amicos e Alcrique. Trátase de iniciativas de alimentación, cultura, arquitectura, inserción laboral, reciclaxe, agricultura ecolóxica, permacultura ou artesanía.
 
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Archivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info