Infórmate > Noticias 

Noticias 

En defensa do Traballo Social no Terceiro Sector de Galicia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/03/2021

Hoxe nace un novo movemento social. Desde Ecos do Sur dámoslle a benvida e adherímonos ao seu manifesto.

Hoxe, 16 de Marzo, é o Día Mundial de Traballo Social. Desde Ecos do Sur queremos dar a benvida á nova agrupación de Traballadores e Traballadoras Sociais do Terceiro Sector de Galicia, que nace co fin de visibilizar o papel destes profesionais como axentes sociais de relevancia na loita a favor da xustiza social en tódolos eidos nos que interveñen.

Ademáis, sumámonos a este manifesto no que a organización se presenta: 

As traballadoras e traballadores sociais do Terceiro Sector Social Galego, queremos facer chegar un manifesto común, co fin de poder visibilizar a nosa labor. A través do mesmo reivindicamos o noso papel como axentes sociais de relevancia na loita contra as desigualdades en tódolos eidos. A través deste decálogo, pedimos a outras traballadoras e traballadores sociais, dos tres sectores (público, privado e terceiro sector) ou futuras profesionais, que se unan ao mesmo en defensa da nosa profesión e ante todo do traballo común na defensa dos dereitos humanos e a cohesión social:

1. O Terceiro Sector social é un actor relevante no desenvolvemento social, produto da organización da sociedade civil.

2. O Terceiro Sector social forma parte do Sistema Galego de Servizos Sociais (Art. 2. Leí 13/2008). Non nace co fin de substituír os servizos, programas e prestacións públicas, pero a súa labor debe de ser complementaria e coordinada coas Administracións.

3. As traballadoras sociais do Terceiro Sector social velarán polo adecuado desenvolvemento da súa profesión, en base aos principios e deberes recollidos no Código Deontolóxico.

4. As traballadoras sociais defenderán o desenvolvemento da profesión sen importar dende que sector , sempre que se respecten os principios fundamentais da mesma.

5. A defensa de políticas sociais e un sistema de servizos sociais locais, autonómicos e estatais fortes será unha prioridade para as profesionais do traballo social sen importar o eido onde desenvolvan a súa labor.

6. Promoveranse as iniciativas acordes aos principios e obxectivos do traballo social segundo o seu Código Deontolóxico, sen importar que axentes sociais as desenvolvan.

7. Non se promocionarán os discursos que comparen a labor desenvolta polas profesionais do traballo social nas entidades do Terceiro Sector Social sen ánimo de lucro coa privatización do sistema de servizos sociais.

8. Non se menoscabará a labor desenvolta polas traballadoras sociais de calquera ámbito, nin se fomentará á confrontación a través de comunicados, manifestos..., entre traballadoras sociais que desenvolvan a súa profesión en ámbitos diferenciados.

9. Reivindicarase a nosa profesión, insistindo no traballo social como axente de cambio nun modelo de traballo que poña no centro ás persoas e reduza a burocratización.

10. Favorecerase e impulsaranse espazos de encontro intersectoriais entre traballadoras sociais, co fin de compartir sinerxías e coñecemento para o fortalecemento da solidariedade social e a conexión global.

Archivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info