Infórmate > Noticias 

Noticias 

Ecos do Sur celebra o II Encontro con Empresas e Usuarias dos programas de inserción sociolaboral
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/07/2021

Responsables das empresas Tiger, Bimbo e Vegalsa explicaron as claves para mellorar a empregabilidade das persoas coas que traballamos, que se resumen en actitude e motivación. 

1 de 1

Ecos do Sur, que leva 30 anos traballando pola acollida e a integración de persoas vulnerables ou migrantes en Galicia e Madrid, celebrou nestes días o II Encontro con Empresas e Usuarias dos programas de inserción sociolaboral, valorando este acto como fonte de crecemento persoal e de inserción social, que non sería posible sen o apoio da Secretaría Xeral de Igualdade (Vicepresidencia; Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade.

Responsables das empresas de Tiger, Bimbo e Vegalsa explicaron, ao longo da xornada, as claves para mellorar a empregabilidade das persoas coas que traballamos, destacando a actitude, a predisposición e a motivación como factores fundamentais á hora de atopar un traballo.

Os técnicos destes proxectos de Ecos do Sur, que participaron no evento, destacaron a enorme potencialidade das persoas usuarias. Estas últimas, pola súa banda, mostraron gran determinación e ilusión por xerar redes profesionais que lles permitan atopar un emprego.

Archivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info