Que facemos >  

Apoio A Nais

  • Avanzando na plena integración das nais migrantes
  • Dende - Ata: - Actualmente

Un impulso para mulleres que van ser nais e para as que teñen fillos/ as de ata tres anos.  Apoio a  Nais é un programa que desenvolvemos desde 2010 co apoio da Consellería de  Emprego e  Igualdade da Xunta de Galicia. Para o ano 2022 o orzamento asignado é de 35.624,92 euros.
 
Apoio a  Nais ofrece, de maneira completamente personalizada, todos os servizos imprescindibles para apoiar os avances laborais e sociais das mulleres  xestantes ou con fillos/ as de ata tres anos.
 
Facilitamos o seu acceso ao emprego e aos recursos que necesitan a través dunha serie de servizos que inclúen o asesoramento social, xurídico e sanitario; atención psicolóxica; orientación e intermediación laboral, e formación para o emprego e sobre embarazo e maternidade.
 
Se vas ser nai ou tes fillos/ as de ata tres anos, podes entrar gratuitamente no programa e atopar todo o apoio que necesitas. Contácta!

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 4