Quen somos > Misión, visión e valores

Misión, visión e valores

Ecos do Sur é unha ONG que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso, no que un grupo de persoas actuamos por, con e para as persoas,compartindo, difundindo e enriquecendo unha mesma misión, visión e valores.

Dende 1991, a nosa porta está sempre aberta para os colectivos en risco de exclusión, como mulleres vítimas violencia de xénero ou de trata, persoas inmigrantes, parados/ás de longa duración, familias en risco de desafiuzamento... Estamos alí onde se necesita. 


Deseñamos e desenvolvemos con máxima eficacia proxectos innovadores de alto impacto, que xeran benestar social verificable e mensurable. Dende as nosas sedes na Coruña e Madrid estendemos as nosas accións por todo o Estado e operamos tamén a nivel internacional no ámbito da cooperación.


Ademais, ofrecemos servizos profesionais gratuítos ás persoas que máis o necesitan: apoio para encontrar emprego, formación, asesoría xurídica e en traballo social, asistencia sociosanitaria e psicolóxica, sensibilización eninterculturalidad... Máis de 10.000 usuarios/ás regulares e decenas de miles de beneficiarios/ás teñen unha historia positiva que contar con Ecos do Sur.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos