Que facemos >  

Competencia Dixital nos Trámites

  • Como o smartphone poder facer a túa vida máis fácil
  • Dende - Ata: - Actualmente

A alfabetización dixital non consiste só en saber usar un dispositivo dixital, senón tamén en comprender e aplicar como ese uso pode facer a nosa vida mellor ou como ser máis produtivos e eficientes nel. A gran maioría da poboación ten acceso a un  smartphone, pero o uso que fai do mesmo é residual ou para o entretemento, descartando as oportunidades que ofrece a Administración electrónica. 

Por iso, e co propósito de avanzar na inclusión e na participación, lanzamos novas accións de capacitación dixital, enfocadas á adquisición das habilidades básicas para abordar con autonomía tramítes administrativos e inscricións ou consultas telemáticas, que na era do  COVID reveláronse como imprescindibles. Ao finalizar a formación, os participantes saberán como acceder e utilizar as sedes electrónicas da Administración, e  saberán como sacarlle todo o partido ao seu  smartphone. 
 
Esta iniciativa desenvólvese grazas ao financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e co cofinanciamento da Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 e baixo o obxectivo temático 9: "promover a igualdade, a  saúde e a inclusión social". Para o primeiro semestre de 2023 está prevista a execución de seis ciclos formativos, que contan cun orzamento total de 2.411,64 euros.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1