Que facemos >  

Ulises

  • A migración é todo un desafío, supérao co noso apoio!
  • Dende - Ata: 01/01/2023 - Actualmente

Moitas veces atopámonos con desafíos e malestares que afectan á nosa mente. E algunhas destas veces, o apoio profesional é clave para aprender a manexalas. Por iso, poñemos á túa disposición un equipo de profesionais da psicoloxía, que realiza ao ano unhas 700 sesións de atención clínica. É o proxecto Ulises.

Se te atopas nun momento de bloqueo difícil de resolver, ou sintes malestar, podemos apoiarte. Ademais, organizamos cursos, charlas e talleres para previr a aparición de problemas psicolóxicos, potenciar as relacións sociais, mellorar a calidade de vida ou reforzar as calidades persoais. 

Esta iniciativa conta cunha subvención de 21.825,37 euros para o ano 2023 por parte da Deputación da Coruña. 

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 3