Que facemos >  

Programa Afrodita

  • Un apoio integral para mulleres víctimas de trata con fins de explotación sexual
  • Dende - Ata: - Actualmente

Desde o ano 2007, as mulleres vítimas de prostitución e de trata con fins de explotación sexual teñen en Ecos do Sur un apoio. Trátase do Programa Afrodita, que está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo 2014-2020, no seu obxectivo "promover a igualdade, a saúde e a inclusión social", e como parte da resposta da UE a pandemia de COVID-19.


Afrodita achega asistencia xurídica e sanitaria, orientación laboral e social, acompañamento a institucións e atención psicolóxica ás mulleres que están en situación de prostitución ou trata, facilitándolles o acceso aos seus dereitos para que poidan decidir sobre o seu propio futuro.
 
O Programa Afrodita 2021 achega atención integral a 53 usuarias, cos seguintes obxectivos:
- Ofrecer ao colectivo un servizo de asesoramento e apoio xurídico-social.
- Mellorar o acceso aos servizos e recursos sociais cun servizo de mediación social.
- Orientar laboralmente ás usuarias para a súa inserción no mercado laboral.
- Prestar protección, subsistencia e asistencia ás vítimas de trata sexual.
 
Se estás nesta situación, contacta, de maneira totalmente confidencial, a través do noso teléfono de atención 24 horas (698 127 669) e o correo electrónico afrodita@ecosdosur.org.
 
Poñemos á túa disposición:
-Asesoramento e apoio xurídico, social e sanitario en temas de estranxeiría, xénero, prostitución e trata con fins de explotación sexual.
-Axudarémosche coa tramitación de todo tipo de documentos e, se o necesitas, acompañarémosche a realizar xestións ante a administración. Ademais, se queres emprender unha nova vida, facilitarémosche as ferramentas para que atopes un emprego.

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 3