Que facemos >  

Sensibilización na Interculturalidade

  • Desde 2003, abordamos un enriquecedor debate sobre a diversidade.
  • Dende - Ata: 06/04/2014 - 09/05/2014

Preocúpanos a violencia. En calquera das súas formas, porque sempre é unha violación dos dereitos humanos. Xa dicía Gandhi que a violencia é o medo aos ideais dos demais. E se a sociedade está hoxe máis concienciada acerca deste problema é grazas ao traballo, a miúdo non visible, realizado por moitas persoas e entidades que desenvolven, aplican e comparten ferramentas e coñecementos para afrontalo. Para analizar causas e efectos e abordalos de xeito innovador.

Ecos do Sur realiza a súa achega adicando a XII edición das Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade ao tema 'Prevención-acción ante a violencia', e invitando a participar nelas a destacadas figuras a nivel nacional, como Javier Urra, Psicólogo Forense da Fiscalía do TSJ e Xulgados de Menores de Madrid; Sandra Cabrera, psicopedagoga de UNAF, ou Eva Ovenza, técnica de Políticas Públicas e de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, entre outros/as.

Os días 8 e 9 de maio, Arteixo converterase no epicentro nacional do debate sobre as distintas formas de violencia, aberto tanto a técnicos/áas e especialistas coma ao público en xeral. As Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade organízanse en alianza co Concello de Arteixo e coa colaboración da ONG Mestura. Dende 2003 abordamos un enriquecedor debate sobre temas clave da actualidade, contando sempre para iso con voces expertas e pensamentos diverxentes. Hoxe, este encontro é todo un referente no diálogo para a convivencia.

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 5