Infórmate > Noticias

Noticias

Publicamos a primeira guía de ciberactivismo en galego
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

Xa podes descargala gratuitamente e pasar á acción contra o discurso de odio e a desinformación nas redes sociais

Con motivo do Día Internacional das Migracións, facemos pública a primeira guía de Intervención online para ciberactivistas feita en galego. Un manual elaborado polo Institut de Drets Humans de Catalunya, SOS Racisme e United Explanations, e que proporciona ferramentas ás persoas que deciden pasar á acción contra o discurso de odio e a desinformación en Internet.  

 

 DESCARGA GRATIS A GUÍA PREMENDO AQUÍ 

 

A creación desta guía é parte da iniciativa CibeRespect, e conta co apoio da Dirección Xeral de Relacións Internacionais e coa UE da Xunta de Galicia, a través da súa convocatoria de proxectos de Educación para o Desenvolvemento, e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos proxectos con cargo ao IRPF. 

Hoxe hai unha loita discursiva que se libra en internet: anonimato e viralización, bulos, ciberodio, posverdade son fenómenos que se alían para xenerar un clima de aceptación ante o racismo. Por iso, esta guía axuda aos ciberactivistas a dar un paso adiante contra o racismo e a xenofobia a nivel discursivo e nas Redes Sociais. Nela atoparán, por primeira vez en galego, o marco legal aplicable aos casos de discurso de odio, ferramientas para a construcción de discurso alternativo e estratexias para intervenir na contorna online. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info