Que facemos >  

O Mundo na Mochila

  • A diversidade é divertida. Descobre todo o mundo que colle na túa mochila!
  • Dende - Ata: 07/04/2014 - 31/10/2014

Organizada por Ecos do Sur coa colaboración de Mestura, é unha iniciativa orientada a sensibilizar sobre interculturalidade a alumnos/as de Educación Infantil e Primaria, a través dunha proposta innovadora e interactiva.


'Un mundo na mochila' involucra a estudantes, docentes, pais e nais no descubrimento da riqueza cultural que nos rodea, a través de materiais didácticos deseñados especialmente polo equipo de educadoras de Ecos do Sur e Mestura: guías, contos ilustrados, postais, bonecos de papel recortables, cómics e libretos viaxeiros. Todo isto, metido nunha divertida mochila que os/as nenos/as levan para casa por quendas, continuando un relato composto entre todo a aula, unha viaxe a través doutras culturas que motiva ao coñecemento, ao descubrimento e á convivencia.

Queres que levemos 'Un Mundo na Mochila' á túa escola? Contacta connosco!

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1