Que facemos >  

Lugo-Codesenvolve

  • Formación e traballo en rede coas asociacións de inmigrantes de Lugo.
  • Dende - Ata: 02/04/2014 - 31/01/2015

As asociacións de inmigrantes da cidade de Lugo protagonizan este proxecto que as impulsa cara á sostibilidade a través da formación e o traballo en rede. A clave: o codesenvolvemento, unha perspectiva de beneficio mutuo para os países vinculados por fluxos migratorios, avanzando cara ao desenvolvemento humano para un futuro máis colaborador.
 

Na cidade de Lugo viven máis de 5.000 persoas estranxeiras e operan nove asociacións de inmigrantes, pero apenas existen iniciativas reais de codesenvolvemento. Por iso, Ecos do Sur pon en marcha este proxecto, coa convicción de que o actual contexto de recesión socioeconómica é o momento idóneo para sumar forzas e avanzar na implicación do colectivo de persoas inmigrantes no desenvolvemento das súas comunidades de orixe e de acollida, nun proceso no que todos/as sairemos gañando.
 

Lugo Codesarrolla involucra ao noso equipo interdisciplinar de sociólogos e profesionais nas áreas de xestión de ONGs, cooperación, economía social, captación de fondos e comunicación, para optimizar o traballo e os resultados das organizacións participantes. Partimos da realización dun estudo de necesidades e expectativas do colectivo inmigrante e as súas asociacións, que nos indica as liñas a seguir.


A continuación, crearemos un grupo de traballo coas entidades e persoas interesadas, que recibirán formación específica en xestión asociativa, captación de fondos, codesenvolvemento e xénero, co obxectivo de fortalecer a súa autonomía e posibilitar que, a medio prazo, emprendan proxectos sostibles nos seus lugares de orixe.
 

A convocatoria está aberta! Se ti ou a túa asociación queredes formar parte deste proxecto, contacta connosco.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1