Que facemos >  

Declárate X!

  • Por solidaridade, marca a X para fins sociais na túa declaración do IRPF.
  • Dende - Ata: 05/04/2014 - 30/06/2014

Porque tes dereito a decidir en que se inviste unha pequena parte dos teus impostos. Porque non che custará máis, nin te devolverán menos. Porque beneficia ás persoas máis castigadas pola crise. Porque as ONGs si xestionamos o teu diñeiro coa máxima transparencia... Este ano, non esquezas marcar a X Solidaria na túa declaración da renda.

En Galicia, aínda hai 604.000 contribuíntes que non marcan na súa declaración o cadro de fins sociais. Se o fan este ano, conseguiranse recadar 12 millóns de euros que se dedicarán ás persoas que máis o necesitan, a través de proxectos sociais xestionados por entidades próximas a ti e de total confianza, como a Coordinadora Galega de ONGs e a Rede Galega contra a Pobreza-EAPN, ás que pertence Ecos do Sur.

Como funciona? o Estado extrae o 0,7 por cento da túa declaración para que decidas en que vai gastar. E, atención, porque se optas por destinalo á Igrexa Católica, debes saber que podes marcar tamén en recadro de fins sociais, e nese caso a achega dóbrase: 0,7 para cada un dos fins que elixiches. Deste diñeiro, o 78% vai a programas de acción social, o 19% a cooperación ao desenvolvemento e o 3% a programas mediambientales.

Esta X é unha ferramenta importante para a loita contra a exclusión social, ademais dun exercicio de participación e cidadanía... E ti, xa te declaras X?

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1