Que facemos >  

Traballo Social

  • Todo o que necesitas para conseguir axudas e outros recursos
  • Dende - Ata: 03/03/2014 - 13/04/2014

Demasiado a miúdo, persoas que necesitan e teñen dereito a recursos sociais que poderían mellorar a súa calidade de vida non poden acceder a eles por falta de información ou de entendemento coas Administracións. Isto xera unha brecha entre dous tipos de cidadáns/ás. Dende 2008, o CIAI Social traballa día a día acurtando distancias, avanzando na igualdade de oportunidades a través dun servizo de Traballo Social baseado na empatía, a profesionalidade e a proximidade.

Se precisas información ou apoio na realización de trámites para acceder a algún dos recursos sociais ao teu alcance, como prestacións ou axudas, ou se necesitas atención de emerxencia ante un problema, o noso equipo valorará o teu caso de forma personalizada e confidencial e implicarase a fondo na busca de todas as solucións posibles.

O CIAI social traballa en ámbitos como a escolarización, vivenda, migración, familia, menores, violencia de xénero, maiores, minusvalidez, ou drogodependencia. Anualmente, resolvemos unhas 500 consultas e intervencións, atendendo a cada persoa con confidencialidade e confianza. A través da información sobre os seus dereitos e da tramitación das solicitudes para que poidan acceder a eles, moitas destas persoas logran mellorar as súas condicións.

É un servizo gratuíto, e para gozalo é necesario ser usuario/a de Ecos do Sur

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 1