Que facemos >  

Centro De Atención Socio-Sanitaria Lugo

  • Cobertura sanitaria gratuíta para as persoas que a necesitan
  • Dende - Ata: 02/01/2014 - 02/01/2015

Aínda que a Sanidade Pública xa non é universal, dende Ecos do Sur consideramos que segue sendo un dereito esencial do ser humano. Por iso, co apoio dun amplo grupo de profesionais do sector sanitario, temos en marcha o Programa de atención a persoas sen dereito a asistencia sanitaria pública un servicio que opera desde Lugo para toda Galicia.

Está dixido ao colectivo sen cobertura sanitaria pública que careza de medios económicos para custear un servizo privado. Isto inclúe persoas en situación irregular con enfermidades crónicas e que levan menos de 168 dias empadroadas, persoas reagrupadas maiores de 26 anos, estranxeiros/ás e españois/las sen empadroar (como a xente sen fogar), persoas atendidas por urxencia que necesitan coidados tras a alta médica...

Se te atopas nesta situación, contacta connosco. Poñemos á túa disposición información e xestión de Asistencia Sanitaria pública, atención médica e de enfermaría e recursos de educación sanitaria sobre prevención da enfermidade.


Este programa dispón dun centro sociosanitario no que colaboran 29 profesionais do ámbito da saúde que prestan os seus servizos voluntariamente e encárganse da atención directa aos/as beneficiarios/as.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1