Que facemos >  

Papfam

  • Por unha migración positiva... ¡poder para as familias!
  • Dende - Ata: 01/04/2014 - 31/10/2014

A través deste proxecto, financiado pola Obra Social de La caixa, as ONGs Ecos do Sur e Mestura estamos a axudar a que a migración a España non se converta nun shock para as familias que a protagonizan. Para isto, ofrecémoslles un innovador servizo de mediación integral, que abrangue a intervención psicolóxica, social e xurídica, proporcionando a estabilidade que as familias necesitan para alcanzar unha plena integración no seu novo ámbito.

Este proxecto xorde como resposta a un problema que detectamos directamente no noso traballo diario: a miúdo, a emigración ten un alto custo humano, que é a desintegración das familias. Como exemplo, catro de cada cinco dos/as 10.000 usuarios/as de Ecos do Sur ten fillos/as, que no 60 por cento dos casos non viven no mesmo lugar que os seus pais/nais. A isto súmanse as dificultades económicas, a falta de redes de apoio e un ámbito de inestabilidade xeral que debilita o nucleo e aos seus membros.
Esta situación demanda unha atención especializada que minimice a desectructuración familiar producida polo movemento migratorio e impulse a familia cara a un contexto de integración e desenvolvemento positivo.
Se a túa familia está a atravesar dificultades, podemos axudarvos. Á vosa disposición poñemos os seguintes servizos gratuítos:

Atención psicolóxica, porque o benestar emocional facilita o éxito nos demais ámbitos da vida. Somos expertos en intervención familiar e multiculturalidade e realizamos terapias individuais e talleres grupales en áreas clave como relacións de parella, atención aos fillos/as nos procesos de separación ou na distancia, aspectos culturais que inflúen na familia, mecanismos ante as rupturas familiares, etc.


Intervención Social, para garantir o acceso aos recursos. Buscamos todas as solucións dispoñibles en canto a vivenda, axudas, escolarización, retorno voluntario, etc.... e axudámoste a realizar as solicitudes para axilizar a súa resolución.


Intervención Xurídica, pola resolución positiva dos conflitos. Proporcionamos un servizo de mediación familiar orientado ao benestar de todos os compoñentes do núcleo, ademais de atención xurídica especializada en extrajería (permisos, retorno voluntario, etc) e en desafiuzamentos.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1