I
I
I historias de migración I

 

Es imigrante. Estás nunha situación de irregularidade, sen papeis, sen traballo, sen esperanza.conseguiche regularizar a tua situación, traer á tua família, atopar un traballo digno, estábel, unha esperanza.

¿Cal é a túa história de migración?



Se queres que a tua história sexa escoitada, difundida á sociedade para axudar a persoas que están a pasar polo que ti pasache, ou simplemente...

...para denunciar a tua situación, para acordar conciencias, para falar, para che facer notar,
PARA QUE CHE ESCOITEN,...

...envia-nos a tua história coa experiencia da tua migración a través dunha carta dirixida...

...á sociedade, aos gobernantes, aos empresarios, aos teus amigos, á tua família, A TI ...

Todas as cartas recebidas publicarán-se na nosa páxina web.Ao final do proceso fará-se unha selección das mesmas para publicar un libro de histórias de vida de imigrantes, co fin de reflexar a sua situación Todos os participantes nesta iniciativa receberán un exemplar do libro na sua morada.