Infórmate > Noticias 

Noticias 

Súmate ao equipo de Ecos do Sur!
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/11/2022

Seleccionamos profesionais da Orientación Laboral, o Traballo Social, o Deseño Grafico e o Marketing

Dentro do programa Coopera de axudas no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, seleccionamos a catro personas para incorporarse ao noso equipo:

  • Orientador/a laboral: 

Con estudos universitarios e formación específica en orientación laboral.

  • Deseñador/a gráfico/a*:

Con estudos universitarios en Deseño Gráfico.

  • Publicista-RRPP para captación de fondos:

Con estudos universitarios en Publicidade ou Marketing

  • Traballador/a social:

Con grao ou diplomatura en Traballo Social.

 

Xornada do 75% durante 12 meses. Incorporación antes do 11 de decembro.

Para todos os postos valórase formación no eido das migracións.

*Para o posto de Deseño Gráfico é imprescindible enviar portfolio de traballos.

 

Requisitos xerais:

-Persoas desempregadas, dispoñibles para o emprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

-Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a 6 meses no programa Coopera entre 2018 e 2021.

-Non ter traballado para Ecos do Sur durante máis de 3 meses dentro dos últimos 12 meses anteriores á data de contratación, ou durante os 2 meses anteriores á data de contratación.

Envíanos o teu CV ata o 25 de novembro a personas@ecosdosur.org especificando asunto coopera + posto ao que optas.

 

Archivada en:

Boletín

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info