Que facemos >  

Agra Cultura

  • Sementando a cultura natural en espazos urbanos
  • Dende - Ata: - 31/12/2017

Agra Cultura é un proxecto que fomenta a cultura da renaturalización e a potenciación da biodiversidade en espazos urbanos, mediante o coñecemento e a conservación da natureza. É unha iniciativa financiada pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña, a través do programa Cultura Ambiental.
 
As actividades están abiertas a toda a cidadaníaey son gratuitas. Bota un ollo e contacta se che apetece participar!!
  • Convivencia verde: o domingo, 19 de novembro no Mercado de productos ecolóxicos do Campo da Leña. De 11 a 17 horas temos xogos de sensibilización e posta en valor  da agricultura ecolóxica: O Valómetro e a Balanza da Horticultura. Regalaremos sementes e sortearemos invitacións para obradoiros de horticultura.
  • Obradoiros 'Maceto Hortas': aprende a crear unha mini horta na túa casa, empregando o espazo da túa terraza ou balcón de xeito sinxelo, accesible e económico.
  • Voluntariado ambiental e actividades  de educación ambiental en hortas urbanas: potenciamos o intercambio cultural, medioambiental e a inclusión de persoas en situación de especial vulnerabilidade mediante a participación nas hortas urbanas situadas no Parque Carlos Casares.
  • Creación de vídeos participativos: para a difusión de valores e coñecementos que sumen a un novo relato de cidade.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1